Malo será
Episodio 42 - Vigo
Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O día dos Inocentes o programa estará no Auditorio Mar de Vigo coa actriz María Mera como convidada. Sara Fernández representará o novo talento vigués nun programa en que non faltarán bromas, situacións surrealistas e unha chea de personaxes.